Fondo cabecera Concello de Meira

Actualidade

XUNTOS POLA COMPOSTAXE. AXUDAS A ENTIDADES LOCAIS PARA FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE RESIDUOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL, COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) 2014-2020

A agrupación de concellos de A Pontenova, A Pastoriza, Meira, Pol,
Ribeira de Piquín e Riotorto, co apoio financeiro da Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional, implantará un programa de
compostaxe co que reducir a fracción orgánica dos residuos.


O proxecto está pensado para a participación de preto de 1.000 veciños,
repartidos entre os 6 concellos, que recibirán de forma gratuíta os
correspondentes medios materiais para a elaboración de compost, ao mesmo
tempo que recibirán formación na materia e asesoramento continuado
durante o proceso.


Os veciños do concello de Meira interesados en participar na campaña de
compostaxe poderán inscribirse e informarse sobre a mesma no posto
informativo que se colocará na Praza do Concello o vindeiro día 10 de
decembro de 2020 en horario de 11:30 a 13:30H. Tamén poderán facelo ata
o 22 de Xaneiro do 2021 nas dependencias municipais ou chamando ao
teléfono 982 330 102.

03122020 CARTEL FEDER COMPOSTAXE DOMÉSTICA 6 CONCELLOS.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com
Esta página utiliza cookies propias y de terceros con la finalidad de mejorar la navegabilidad, usabilidad y los contenidos. Si continúas navegando, nos otorgas tu consentimiento y autorizas a la transferencia de datos a EEUU al utilizar el servicio y funciones de Google para la recopilación de datos analíticos y fines publicitarios. Puedes conocer más acerca de las cookies en nuestra Política de Cookies. ACEPTAR | +info