Fondo cabecera Concello de Meira

Actualidade

PRESENTACIÓN DA GUÍA DA RUTA DO CÍSTER EN GALICIA

Tras meses de traballo, en ACIGAL presentamos por fin ao público unha publicación que cremos que contribúe a encher un oco importante no panorama das publicacións turístico- divulgativas do patrimonio galego. Neste caso, e ante os comentarios e suxestións recibidas por moitos apaixoados deste rico patrimonio, quixemos por a disposición do público unha guía para consulta in itinere con información de gran interés para poder visitar e acceder a maioría dos mosteiros cistercienses galegos: un mapa de situación con indicacións para poder chegar a cada un deles, así como a súa ubicación mediante coordenadas GPS, os servizos dispoñibles, información de contacto, acceso á información da hostalaría dos concellos onde se sitúan os mosteiros mediante códigos QR e unha breve introducción histórica - artística de cada un deles. Esta guía estará á venda en 6 puntos oficiais de ACIGAL repartidos pola xeografía galega: o antigo mosteiro de Monfero (A Coruña), na Oficina de Turismo do Concello de Meira (Lugo), na Oficina de Turismo do Concello de Montederramo (Ourense), no antigo mosteiro de Xunqueira de Espadanedo (Ourense), no antigo mosteiro de A Franqueira (Pontevedra) e no Hotel Monasterio de Aciveiro (Pontevedra) ao prezo único de 6 euros. A recadación destinarase aos fins sociais de ACIGAL que pasan por seguir contribuíndo a dinamizar, promover e por en valor o rico patrimonio cisterciense galego.
GUÍAS RUTA CÍSTER

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com