Fondo cabecera Concello de Meira

Actualidade

A VÍA REXIA DO NORTE TOMA FORMA PARA A SÚA RECUPERACIÓN

OS CONCELLOS VENCELLADOS Á VÍA REXIA DO NORTE, LOGO DE APROBAR MOCIÓNS DE APOIO PARA A SÚA RECUPERACIÓN, APOSTAN POR ASINAR UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CONXUNTO.
REUNIÓN DE OUTUBRO.RECORTE DE PRENSA NA ÚLTIMA REUNIÓN CELEBRADA EN MEIRA POLOS CONCELLOS VENCELLADOS Á VÍA REXIA, APOSTARON POR REDACTAR UN CONVENIO QUE INCLÚA ÓS CONCELLOS GALEGOS E ASTURIANOS POLOS QUE PASA ESTE CAMIÑO DE SANTIAGO DOCUMENTADO NO S.XIII.
O CONVENIO PROPOSTO INCLUIRÁ UNHA PARTIDA ORZAMENTARIA PARA SUFRAGAR GASTOS DERIVADOS DO ESTUDO DA TRAZA ORIXINAL DO CAMIÑO, ASÍ COMO OS TRABALLOS DE CARTOGRAFIADO, LIMPEZA E SINALIZACIÓN.
OS CONCELLOS IMPLICADOS CONTAN XA CUNHA MOCIÓN DE APOIO Á RECUPERACIÓN DESTA TRAZA, APROBADA NOS PLENOS MUNICIPAIS EN MESES ANTERIORES.
ESTA VÍA DE COMUNICACIÓN VIÑA DE ASTURIAS POLOS CONCELLOS DE VEGADEO E SANTIRSO DE ABRES POLA BEIRA DO RÍO ATA ENTRAR EN GALICIA POLA PONTENOVA, CONTINUANDO POR RIOTORTO, MEIRA, A PASTORIZA, POL, CASTRO DE REI E LUGO, ONDE SE UNÍA AO CAMIÑO PRIMITIVO ANTES DA ENTRADA NA CIDADE AMURALLADA.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com