Fondo cabecera Concello de Meira

Actualidade

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA E PRESENTACIÓN DE CISTERCIUM EXPERIENTIA.

SÁBADO 28 DE NOVEMBRO DE 2015 NO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE MEIRA. A PARTIR DAS 11:00HORAS.PRESENTACIÓN, EXPOSICIÓN, VISITA GUIADA, XANTAR, VISITA AO PEDREGAL DE IRIMIA EN BUS E VISITA AO MOSTEIRO DE PENAMAIOR (BECERREÁ) EN BUS.INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN NA OFICINA DE TURISMO OU NA PARROQUIA DE MEIRA. INSCRICIÓNS ANTES DO 21 DE NOVEMBRO.
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA E PRESENTACIÓN DE CISTERCIUM EXPERIENTIA      O vindeiro sábado 28 de novembro de 2015 celebrarase o evento cultural que leva como título “EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA E PRESENTACIÓN DE CISTERCIUM EXPERIENTIA”.A exposición fotográfica “AS PINTURAS MURAIS NO MOSTEIRO DE STA. Mª DE MEIRA” poñerá de manifestó esas representacións pictóricas medievais que se atopan fóra da vista pública.Co gallo da restauración da Capela das Reliquias e das pinturas do S.XVII que alberga, poderanse ver tamén as representacións artísticas da Sala da Antetribuna, a cal non ten acceso ó público, así como tamén imaxes das cruces procesionais de Meira dos séculos XII, XV e XVII, custodiadasactualmente no Museo Diocesano de Lugo así como das táboas da sillería do Coro Baixo.Ese mesmo día farase a exposición do proxecto “CISTERCIUMEXPERIENTIA” creado pola ACIGAL (Asociación de Mosteiros do Císter en Galicia) e que engloba os 15 mosteiros cistercienses galegos (o de Meira incluído) nun itinerario cultural, turístico e educativo.Este proxecto e asociación xurdiron como consecuencia da inclusión dos mosteiros galegos no Itinerario Cultural Europeo das Abadías Cistericenses, baixo o amparo da Carta Europea de Abadías Cistercienses.O evento ocupará todo o día incluíndo o xantar, unha visita ó Pedregal de Irimia e finalizará coa visita ao Mosteiro de Penamaior (Becerreá), integrante do antedito proxecto. Para estes desprazamentos haberá un autobús a disposición do público participante.A programación completa así como os horarios detallados e o prezo aparecen no arquivo pdf “Programación Exposición”. Cómpre inscribirse antes do sábado 21 de novembro.Pode obter máis información contactando coa Oficina de Turismo de Meira (tfno.:618.679.632. mail:turismo@concellodemeira.com) ou coa Parroquia de Meira (tfno.:658.370.318).

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com