Fondo cabecera Concello de Meira

Escudería Meira

Escudería Meira

Os membros da directiva da Escudería Meira son:

- Presidente: Miguel Ángel Portela García

- Vicepresidente: Óscar Veiga Vello

- Secretario: Pablo Carballosa Balado

- Tesoureiro: Abel Fernández Otero

- Vocal: Jordi Carballal Fernández

A Escudería Meira, gracias á experiencia do ano 2007, celebró el II Slalom "Vila de Meira".

Esta escudería foi constituída no ano 2006 co ánimo de que os pilotos que corrían no campionato galego de rallies e que pertencían á vila de Meira levasen o seu nome por toda Galicia.

O segundo paso foi a creación dun Rallye Virtual, cun grande seguimento por parte da xuventude.

A continuación no 2007 propúxose pola directiva da Escudería Meira celebrar un Slalom para facer un recordo especial dun piloto falecido fai unha década, Carlos Vega.

A celebración do I Slalom "Vila de Meira" foi un rotundo éxito tanto en participación como en asistencia de público, polo que xa non se dubidou na celebración do II Slalom, sempre contando coa axuda da Fundación Deporte Galego, do Concello de Meira, da Deputación Provincial de Lugo, da Consellería de Innovación e Industria e do pobo e comercio de Meira, que se volcou en axudar a esta nova directiva a fomentar o deporte e dar a coñecer o nome dunha vila particularmente vinculada co automobilismo.

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com