Fondo cabecera Concello de Meira

Club Ciclista Meira

Club Ciclista Meira

O Club Ciclista Meira é unha das asociacións deportivas mais veteranas e activas de Meira, nace en 1997 da man duns poucos afeccionados á bicicleta e, pouco a pouco, vaise afianzando na rutina do pobo, os coloridos maillots e as quedadas na fonte do centro convértense en algo cotiá nas fins de semana en Meira. Aínda que o ciclismo de estrada non pasa polos seus mellores momentos, e pese a que o noso pobo non é moi grande, polo CC Meira pasaron a día de hoxe preto de 40 ciclistas e actualmente está formado por 12 compoñentes.

Durante estes anos o clube levou o nome de Meira a toda a xeografía da zona: dende A Mariña ata os confíns da Terra Cha, chegando ata Asturias e pasando por case que tódalas localidades e montes da metade norte da provincia de Lugo. Do mesmo xeito converteu a zona de A Ribeira no seu banco de probas particular, e á subida dende o Chao de Pousadoiro ata Serra de Meira nunha siña de identidade propia. Pero todo isto ten un motivo: prepararse para as marchas e carreiras do verán. Durante todo este tempo o CC Meira foi un fixo nas marchas que se organizan en boa parte de Galicia e Asturias.

Deixando un pouco á marxe a historia compre dicir que o CC Meira esta aberto a novas incorporacións e que non é necesario, como pensan moitos, ser un gran atleta para estar no clube, así que dende aquí alentamos a todos os afeccionados a este fabuloso deporte a que se animen a probar con nós, a disfrutar dos fantásticos paraxes naturais que temos e a respirar a tranquilidade que transmite un bo paseo en bicicleta.

Toda a información necesaria para unirse ó clube e manterse ó tanto das novidades está dispoñible na nosa páxina web: ccmeira.blogspot.com

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com