Fondo cabecera Concello de Meira

Asociación Amigos da Malla

Festa da Malla na actualidade

Asociación naceu en febreiro de 2005 e encargouse da organización da festa desde entón. A día de hoxe está composta por 21 socios, dos cales 4 son vocais, 1 tesoureira, 1 secretaria, 1 vicepresidente e 1 presidente.

Sempre está aberta a incorporación de novos socios que queiran axudar a sacar esta celebración adiante, posto que é moi laboriosa e implica empregar varios días completos na súa organización.

É complicado que a xente estea disposta a sacar a festa adiante, posto que a maioría das persoas están de vacacións nesas datas, e resulta difícil atopar voluntarios que queiran modificar os seus días de descanso por días de moito traballo, e máis se temos en conta que non está remunerado. O único proveito que se saca é ver que a festa saíu ben, que ós asistentes lles gustou e que un ano máis se puido conservar esta tradición.

Por ese motivo se loitou tratando de cumprir os requisitos e condicións que impuñan para declarala “Festa de Interese Turístico de Galicia”; para que se recoñeza o seu valor e para tratar de que se manteña no tempo como patrimonio cultural que herdamos e que nos pertence a todos.

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com