Fondo cabecera Concello de Meira

Feira quincenal de Meira

Feira de Meira. Pulpeiras.

A feira quincenal celébrase en domingo. É unha das poucas feiras tradicionais que queda nos arredores, remontándose os seus inicios aos mercados celebrados polos monxes do convento nesta localidade. A feira goza de privilexio real dende o 1707.

Tanto a poboación local coma a dos arredores e feirantes, dánse cita nas prazas de Meira para dar vida á feira máis importante da comarca, reunindo roupa, produtos alimenticios, gando, música, complementos e un sen fin de artigos máis que se poden adquirir nesta curiosa e tradicional celebración.

Destaca sobre todo a presenza de pulpeiras, onde se pode degustar o polbo “á feira”.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com