Fondo cabecera Concello de Meira
Inicio » Turismo » Puntos de Interese » Rutas » Ruta Corno da Orrea

Ruta Corno da Órrea

Cartel indicativo da Ruta Corno da Órrea

A Ruta Pedregal - Corno da Órrea, é unha ruta financiada pola Consellería de Medio Rural dentro do programa de Valorización de Montes; esta ruta ademais de ser de sendeirismo, quere amosar ó camiñante os distintos traballos silvícolas que o monte Candedo, Louseiras e Corno da Órrea, xestionado pola Consellería, ofrece no seu percorrido.


A ruta é de dificultade media e dunhas 5 horas de duración. Comeza na Aula da Naturaleza de Meira, sinalada por un cartel e onde nos dá a información pormenorizada de por onde discorre o camiño.

A ruta atópase moi ben sinalizada por medio de balizas e frechas.

Desde un mirador, podemos observar, os distintos traballos silvícolas que se efectuaron no monte, ademais de poder descansar pois atópase na metade do camiño.

Unha das características da ruta son as fontes, como a de Cabanas, a do Francés e a de Rega da Gadella.

O Corno da Órrea é un montículo desde o cal tamén se ve unha bonita paraxe.

Ó final, o camiñante terá feito un bonito percorrido e terá aprendido o importante que é a silvicultura para que os nosos montes entren en valor e se poida desfrutar da Naturaleza cun aproveitamento sostible.

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com