Fondo cabecera Concello de Meira
Inicio » Turismo » Puntos de Interese » Rutas » Area Recreativa Profesor Rio Barja

Área recreativa "Profesor Río Barja"

Esta é a nova aposta do Concello. Está situada á beira do Río Miño, xunto á zona escolar e a Casa da Cultura "Federico González Lopéz". Alberga unha gran variedade de árbores autóctonas coma carballos, castiñeiros, nogueiras ou bidueiros.

Posúe unha decoración tradicional composta por un hórreo, un cabazo, un cruceiro, un dolmen, o rosetón da igrexa e o escudo da Vila decorando o chan. Ademais conta cun muíño completo, do que algunhas pezas foron retiradas para a súa mellor conservación. Ao lado instalouse unha minicentral hidroeléctrica para a produción enerxética con capacidade de autoabastecemento.

Está dotada tamén dun amplo aparcamento, dun parque infantil e un paseo á carón do río desde o muíño da Rúa da Balsa ata a Central de Depuración de Augas. Tamén se está a construír un centro de interpretación de avifauna.

Na actualidade, varios proxectos de desenvolvemento social estanse a levar a cabo. Por exemplo, as vivendas sociais, unha residencia xeriátrica e un centro de día para persoas maiores, que será construída nas inmediacións deste parque, así coma unha urbanización residencial. Nesta zona comezáronse tamén as obras da edificación que albergará a "Casa da Música" así como diferentes locais para actividades e salóns sociais.

Imaxes

Vista da área recreativa Vista da área recreativa

Ver máis imaxes

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com