As coordenadas xeográficas son:
U.T.M.:
X = 641.100
E = 4.786.100
Xeográficas:
Lonxitude: 43º 12' 80” norte
Latitude: 7º 16' 47” oeste
Esta parcela áchase a uns 1.300 metros aproximadamente da poboación de Meira, pola que pasa a estrada N-640 Vilagarcía de Arousa - Barres.
Para chegar ata aquí débese tomar a estrada local que une Meira co Pedregal de Irimia.
Neste lugar celébrase a tradicional Xira Campestre o 17 de agosto como colofón das Festas Patronais, onde os veciños se reúnen ao mediodía para comer cos seus convidados á sombra dos carballos e gozando do campo e do ambiente festivo.
Este é un enclave idóneo para a iniciación ao coñecemento e comprensión básica das riquezas histórico-artísticas e naturais de Galicia, así como da paisaxe, flora e fauna da Serra de Meira.
Ofrece tamén as condicións adecuadas para practicar a educación ambiental, onde a observación directa, o xogo ou a convivencia, favorecen o achegamento á Natureza e o desenvolvemento dunha sensibilidade e solidariedade co noso contorno. Os temas relativos á xeografía e a paisaxe, os valores naturais, as formas de vida tradicionais ou os problemas ambientais, son algúns dos seus eixos principais.