Fondo cabecera Concello de Meira

Parroquias

Meira, Santa María de
Esta parroquia pertence ó arciprestazgo de Luaces e é a capital municipal. Limita ó Norte con Álvare e San Cosme de Piñeiro; ó Sur con San Martiño de Ferreiros; Lúa e Navallos, ó Leste con San Xurxo de Piquín e Seixosmil e ó Oeste con San Martiño de Ferreiros e Fonmiñá.


A parroquia de Meira agrupa as entidades de Cabana, O Carballal, A Casanova, As Casas Novas, O Cercado, As Corvaceiras, A Enfermería, Fontes, Grañanova, Irimia Alta, Irimia Baixa, A Lagoa, Leiras, Meira, Paredes, A Pena, Piñeiro, Regolongo, Rielo, Riocabo, O Touzón, O Val da Cal, A Valiña, Vilar de Mouros e Vilaxuso.

Seixosmil, San Isidro de
Parroquia pertencente ó arciprestazgo de Luaces. Limita ó Norte con Órrea e Galegos; ó Sur e Oeste con Meira e ó Leste con Acebro e San Xurxo de Piquín. Agrupa os núcleos da Azoreira, A Corota, O Espido, A Granda, A Louseira, O Marrondo, Murias, Orpín, Paderne, O Piñeiro, Sebe de Abades, Seixosmil, A Veiga de Galegos e O Vilar de Corota.

Imaxes

Núcleo de Meira Núcleo de Seixosmil

Ver máis imaxes

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com