Fondo cabecera Concello de Meira

Gastronomía típica de Meira

Feira quincenal de Meira - Polbo á feira

O Concello de Meira, pola súa situación xeográfica, enmárcase dentro do clima atlántico suave, o que inflúe intensamente na súa gastronomía. Empezando polos produtos da súa horta, a vexetación, os froitos e en xeral a alimentación das súas xentes e dos animais.

A humidade da zona propicia a preparación de pratos quentes e caldosos posto que as temperaturas nunca son moi elevadas.
Polbo á feira en Meira

Nos produtos da horta destacamos as verduras e legumes como poden ser as xudías, fabas, verzas, repolos, cebolas, patacas, etc.

Todas elas utilízanse para elaborar pratos de alto valor calórico para incrementar a combustión interna producindo unha importante fonte de calor. Como exemplo destes pratos tradicionalmente preparados, podemos destacar o caldo, ben de verzas, de repolo ou de nabizas; igualmente importante son as potaxes, guisos, sopas, xudías con xamón, guarnicións de verduras, carnes á xardineira, etc.

Do mesmo xeito que coas verduras, o clima condiciona a variedade dos froitos, ben sexa froita de tempada: mazás, peras, cereixas, figos, castañas, noces, etc. ou ben produtos de micoloxía varios: champiñóns, boletus, níscalos, lipiotas e unha ampla variedade que os bosques de Meira albergan.

Estes produtos son básicos na alimentación dos animais, xa sexan de caza, coma corzos, xabaril, lebres, perdices, paspallás ou palomos entre outros; ben en animais domésticos que son criados en semiliberdade como poden ser as galiñas e demais aves de curral, porcos, ovellas, cabras, cabalos, vacas e coellos.
Imaxe de varios bolos de pan galego

Este tipo de alimentación será a clave para a calidade que presenten posteriormente os pratos elaborados cos mesmos. Referímonos a pratos como o cocido (a base de porco), os callos, o churrasco, os embutidos, o xamón, as filloas, a sopa de cocido, e un longo etcétera que se compón de produtos de primeira calidade, que ás veces sen ter a condición de ecolóxicos, teñen unhas características moi similares.

Sen dúbida, o produto estrela nesta zona é o pan.

Varias son as panaderías que o saben e proporciónannos diferentes variedades de pan, masa e empanadas. Sen dúbida a de máis éxito é a empanada de mazá e a de touciño entrefrebado ou bola de liscos. Un dos alimentos que goza de gran aceptación son os “boliños” elaborados con masa de pan.

Non debemos obviar o rei das festas en Galicia, o polbo. Cada quince días, en domingo, celébrase unha feira onde se pode degustar o tradicional polbo á feira acompañado duns cachelos ou pan e viño. É o mellor lugar para degustar este prato, preparado in situ.

Imaxes

Feira quincenal de Meira - Polbo á feira O pan é un dos productos estrela en Meira

Ver máis imaxes

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com