Fondo cabecera Concello de Meira

O Mosteiro de Santa María de Meira

Igrexa de Santa María de Meira, vista frontal

A fundación da igrexa de Meira, establécese no s.XII, arredor do 1143; o rei Alfonso VII doa estas terras ós Condes de Sarria: D. Álvaro Rodríguez e Dna. Sancha Fernández. Estes á súa vez, ven a florecente e rápida expansión da orde relixiosa do Císter por España e Europa, polo que entregan a esta congregación as terras doadas polo rei.

O enclave é moi adecuado para os obxectivos destes monxes; un lugar apartado dos núcleos de poboación, e con boas condicións para os traballos agrícolas e industriais.

Esta orde procede de “Claraval” (Francia), da cal o seu promotor e fundador é San Bernardo. Da gran abadía de Claraval, saían filiacións co obxectivo de erguer mosteiros e establecer vida relixiosa de acordo coa orde. A principal premisa é “Ora et labora”, polo que todas as construcións son funcionais e sen ornamentación para así evitar a distracción visual e centrarse no rezo, na meditación e no traballo diario.

En cada nova filiación, enviábanse 12 monxes e un abade, que portaban a estrutura e características que o mosteiro debía cumprir. A de Meira foi a 43ª filiación.

Esta orde destaca pola súa simplicidade, austeridade e falta de decoración. Seguían a regra de San Benito que rexeitaba as pinturas, os adornos, as esculturas, as dimensións desproporcionadas coma en Cluny, e as riquezas e dezmos argumentando que deben “abandonar os encantos deste mundo para entregarse a Cristo”. A pobreza absoluta axudaba a enriquecer o espírito e dedicarse a Deus.

Contidos relacionados

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com