Fondo cabecera Concello de Meira

Historia do Concello

<p>Casa do Concello</p><p>Vista frontal</p>

A historia de Meira atópase intimamente vinculada coa fundación dunha comunidade monástica cistercense, probablemente no ano 1143.

Por aquel entón, a vila de Meira era un lugar deserto, cando Alfonso VII (1154) outorga o privilexio fundacioal a Álvaro Rodríguez e a súa dona Sancha Fernández, condes de Sarria.

A aparición e asentamento alí dos monxes cistercienses ben puidera deberse a que os seus fundadores apuráronse a poñer nas mans dos relixiosos aquel territorio selvático.

O desenvolvemento económico da comunidade e o seu enriquecemento comezou coa doazón de Alfonso VII que data de 6 de xullo de 1154.

Posteriormente, en 1159 o seu fillo Fernando II, ó seu paso por Lugo, concedeulle exención do pago da peaxe e porte en todo o reino. Pero, as doazóns seguiron prodigándose con Sancha Fernández e Alfonso IX ata que esta incesante ampliación dos bens do mosteiro desatou a cobiza dos poderosos, quen se levantaron contra os monxes, cometendo toda clase de atropelos.

Un decreto real, expedido por Fernando II, dirixido ós bispos de Mondoñedo, Lugo e Oviedo, convidábaos a prestar o seu apoio á comunidade de monxes. Sen embargo, os atropelos en que vivían os monxes proviñan non só do elemento civil, senón tamén do eclesiástico, como se aprecia nunha crónica mindoniense, datada na primeira metade do século XIII.

No ano 1515 o mosteiro de Meira uniuse á Congregación de Castela, baixo cuxa observancia ó mosteiro viviu os seus anos de máximo esplendor, coa fundación nel da Facultade de Filosofía.

Ós momentos de esplendor seguíronlle a decadencia, exclaustración e definitiva ruína do conxunto. O mosteiro pechouse no 1835 provocado pola desamortización de Mendizábal.

En 1931 foi declarado Monumento Nacional.

Imaxes

Casa do Concello, vista frontal Igrexa de Santa María de Meira, vista frontal

Ver máis imaxes

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com