Fondo cabecera Concello de Meira

O escudo de Meira

Escudo

Sobre fondo azul, no lado dereito, de branco, o brazo de monxe empuñando o báculo abacial de ouro, e sobre el, unha flor de lis.

Do lado esquerdo, a mitra abacial e de novo, outra flor de lis.

Cruzando o escudo, unha banda axadrezada de prata e gules.

Sobre o escudo, a Coroa Real cerrada.

Estas son as armas da Congregación da Reforma de Castela, á cal se uniu a abacial de Meira en 1515, e dos mosteiros cirtencienses fundados por S. Bernardo en Castela, Asturias, León e Galicia.

Símbolo Cisterciense:

Os tres votos da orde cisterciense: obediencia, castidade e pobreza, están representados polas flores de Lis.

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com