Fondo cabecera Concello de Meira

Saúdo do Alcalde

Saúdo do alcalde

Benvidos e benvidas á páxina Web Oficial do Concello de Meira, unha ferramenta das novas tecnoloxías que pon nas túas mans os servizos e posibilidades que ofrece a nosa vila.

Quero saudar e dar a miña máis cordial benvida a todos os visitantes desta páxina web coa que se pretende establecer unha comunicación máis directa e eficaz cos cidadáns e cidadás.

Para os que xa nos coñecen e nos visitan habitualmente, desexo trasladarlles a través deste medio o agradecemento de todos nós polo interese amosado e que os motiva a regresar.

Para os que aínda non coñecen o noso concello e deciden asomarse a esta fiestra virtual desde calquera parte do mundo, quero expresarlles o meu saúdo persoal, no nome da Corporación Municipal que presido e de todos os meus veciños e veciñas, e convidalos a achegarse a coñecer e gozar de todo o que Meira lles pode ofrecer: as nosas feiras quincenais, as festas e tradicións; as nosas paraxes naturais, rutas e fontes singulares, como a do Nacemento do Río Miño; a nosa cultura, historia e patrimonio monumental da man do excepcional Mosteiro Cisterciense de Santa María de Meira; a gastronomía, e sobre todo, a amabilidade dos meiregos e meiregas.

Aproveito, finalmente, este espazo para animar a todos e todas os internautas a que nos fagan chegar cantas suxestións, ideas e opinións estimen oportunas, co obxectivo de poder mellorar a xestión municipal e facela máis aberta e participativa, favorecendo así a presenza de Meira na universalidade da rede.

Un afectuoso saúdo,

Antonio de Dios Álvarez

Información sobre el documento

Concello de Meira
Concello de Meira
Plaza do Concello s/n – 27240 Meira - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 330 102 | Fax: 982 104 090
E-mail: consultas@concellodemeira.com