VAISE LEVAR A CABO NESTE CONCELLO O I CONCURSO DE POESÍA DA VILA DE MEIRA CO MOTIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
O domingo 20 de maio terá lugar a Ruta Miño-Eo, saíndo a pé ás 8:00 horas da Praza do Concello, diante a igrexa, ata o seu quilómetro cero no Pedregal de Irimia, nacemento do río Miño.
Comeza subindo o Pedregal pola súa marxe dereita ata chegar ao alto da Serra “O Parapeto” onde a altitude é de 892 metros. Desde este punto as vistas son moi boas.
Continúa a senda polo alto da serra a carón do parque eólico e deixando á nosa esquerda a Pena Gaiada, unha rocha moi singular e representativa da vila meirega.
A continuación e seguindo os sinais que nos indican o camiño correcto, comeza a nosa baixada pola ladeira leste da Serra pasando pola aldea de Espido onde teremos o almorzo preparado para repartir á chegada de cada camiñante.
Continuando o descenso chegaremos á ansiada Mexadoira; salto de auga de aproximadamente 15 metros de altura que se atopa no chamado Rego de Murias. O descenso ata este lugar é complicado e require especial coidado e atención, pero chegar ata el realmente merece a pena. Ata este punto da ruta e desde o comezo no Pedregal, lévanse percorridos oito quilómetros.
Deixamos atrás a Mexadoira e continuamos camiño do salmoneiro Río Eo. Para iso cruzaremos outra aldea, neste caso A Corota e a dous kilómetros dela chegamos á Treita, situada xusto á carón do Río Eo. Aquí está situada unha central eléctrica que aproveita a forza da auga para producir enerxía.
Ata esta parada no camiño levamos percorridos doce quilómetros e medio e estamos no punto máis baixo en altitude de toda a ruta, a uns 125 metros; polo que os cinco quilómetros restantes serán de subida.
Saímos da Treita e camiñamos paralelos ao Río Eo levándoo á nosa esquerda e en dirección sur. A pouca distancia chegamos á aldea de O Piñeiro, punto quilométrico 14.1 onde nos agarda outro punto de avituallamento para recobrar forzas antes da última subida: a dos Quintos, de 3.4kms.
No punto quilométrico 17.5 temos xa O Estreito, onde está o final desta ruta e onde gozaremos do xantar e do merecido descanso.
A saída farase ás 8:00horas da praza do Concello (diante da igrexa) e camiñaremos un total de 20km.
O xantar está disposto para as 14:00 horas, polo que recomendamos facer a ruta con calma, dada a súa dificultade, sobre todo no último tramo de subida desde O Piñeiro.
A ruta é humida polo que se aconsella levar calzado cómodo resistente á auga e algún sistema de apoio (tipo vara).
Haberá auga e bebida na ruta pero recoméndase que cada quen leve auga consigo. É conveniente tamén levar roupa para cambiarse unha vez rematada a andaina. As mochilas poderanse deixar nos vehículos de protección civil.
O prezo da ruta é de 10€ por persoa que se deberán abonar ese mesmo día antes do comezo da ruta.
Haberá acompañamento de Protección Civil todo o camiño.
O prazo de inscricións remata o 17 de maio. Poden anotarse na Oficina de Turismo de Meira ou no tfno:618.679.632
PRÉGASE PUNTUALIDADE!!
O vindeiro domingo 22 de abril percorrerase a ruta Pedregal-Corno da Órrea no concello de Meira.
Esta ruta de 19km e de dificultade media comezará na Praza do Concello, diante da igrexa, ás 9 horas da mañá, cara á Aula da Natureza, sita no Porto da Pena. Desde alí comezará o ascenso ao Pedregal de Irimia e á Serra de Meira. O camiño continúa polo alto da serra á carón do parque eólico direción norte. Ao remate do parque eólico o camiño xira á esquerda baixando cara a Lama Travesa, o Monte de Candedo e Louseiras, pasando por un miradoiro, no cal poderemos observar e valorar as intervencións e tratamentos feitos polo home na paisaxe.
Logo descende o camiño ata a zona de A Fraga, onde abundan as regas e regatos que alimentan unha grande variedade de especies de frondosas. Desde aquí comeza o ascenso ata chegar ao Corno da Órrea e despois cruzar a estrada asfaltada e voltar á pista do parque eólico da Serra de Meira que traiamos no percorrido de ida, pola que se regresa ao punto de partida.
Remataremos a ruta cun xantar en CASA CAZOLEIRO.
Voluntarios de Proteción Civil de Meira acompañarannos durante todo o percorrido.
O prezo é de 10€ por persoa e a inscripción deberase facer antes do 19 de abril na Oficina de Turismo de Meira ou no tfno: 618.679.632.
Prégase puntualidade.
Do 20 ao 28 de abril terá lugar en Meira o I Concurso de Tapas, organizado polo Concello en colaboración cos establecementos hostaleiros.
Nesta ruta do 8 de abril camiñaremos polo Concello de Taramundi, en Asturias. Sairemos de Taramundi pola parte baixa, por un camiño de cemento que nos conduce a Mazonovo. Despois camiñaremos por un sendeiro e pasaremos á carón do Caserío de A Granda.O camiño de Esquíos - Veigas, adéntrase nunha extensa masa de castiñeiros, nalgúns sitios mezclados con carballos e bidueiros. As Veigas é unha pequena aldea formada por casas de pedra que supón un exemplo de arquitectura tradicional ben conservada. Aquí atópase o Centro de Turismo Rural "As Veigas".
Desde As Veigas, colleremos o camiño vello pola ladeira dereita do río Turía, que conduce a Teixois, onde hai un singular complexo etnográfico e tamén un mesón-sidrería.
Desde Teixois continuaremos por un camiño paralelo ao "arroyo de Mestas" que conduce a Esquíos; volvendo a Taramundi polo mesmo camiño polo que se comezou a andaina.
O autobús sairá ás 9.00 de Meira (Praza Maior).
Comezaremos a andaina en Taramundi sobre as 10.00 horas.
A ruta é circular e o percorrido son 14km de dificultade baixa.
Podes consultar neste enlace o itinerario e perfil da ruta: http://www.taramundi.es/image/image_gallery?uuid=30ad80af-c257-444a-83b1-7051f36ab1b3&groupId=129615&t=1309853921302
O xantar será na Sidrería Solleiro sobre as 14 horas a base de comida tradicional (situada onde comeza e remata a ruta).
Despois do xantar o autobús traeranos de volta a Meira sobre as 16.30 horas.
O prezo da ruta son 20€ que inclúe autobús e xantar.
As anotacións débense facer antes do día 5 de abril, ben na Oficina de Turismo de Meira ou ben no teléfono 618.679.632.
Rógase puntualidade.
¿Que che parece o novo portal do Concello?