Oficina Virtual do Concello de Meira

A Oficina Virtual do Concello de Meira ten como principal obxectivo facilitar o acceso a información de interese, a todos os habitantes do municipio e a todos os demais visitantes desta web.

Para iso, dispón de diversas posibilidades:

Se dispón dun certificado dixital, por exemplo o que se atopa no DNI Electrónico, vostede poderá iniciar trámites administrativos online co Concello de Meira. Desta forma soamente terá que acudir ás oficinas municipais no momento de recoller aqueles documentos que solicite.

Ademais, coñecerá exactamente que documentación debe achegar para efectuar dita recolleita.

Outra opción dispoñible é a de acceder á sección de documentación desta páxina. Nela poderá atopar e descargar documentos relativos a normativa municipal, actas de Plenos e Xuntas de Goberno, bandos municipais, solicitudes, etc.

Para acceder a esta sección non é necesario ningún tipo de certificado dixital; polo que sen ningún problema, poderá acceder en calquera momento a aquela documentación que lle interesa.


Por outra parte, hai que destacar que o Concello de Meira é unha das entidades xestoras nas que se estableceu un Punto de Información Catastral (PIC) desde o que poderá solicitar información relativa ó Catastro.

Ver documento de taxas aplicables.


Servizos dispoñibles:

Administración online:


Documentación:




Programas útiles:


Logotipo Foxit Reader

Foxit Reader - Visor de arquivos PDF totalmente gratuíto.


Enlaces de interese:


Logotipo DNI Electrónico

www.dnielectronico.es - Portal web con toda a información necesaria acerca do DNI electrónico.

Deseño, desenvolvemento e programación: Madialeva