Punto de Atención á Infancia (P.A.I.)

BANDO INFORMATIVO ACERCA DO PERÍODO DE MATRÍCULA (DO 21/04/2010 ATA O 19/05/2010).

Punto de Atención á Infancia de Meira

Punto de Atención á Infancia de Meira

O P.A.I. do Concello de Meira é un centro de carácter diurno e titularidade municipal, encadrado nos servizos sociais do Concello e que se atopa ubicado dentro das dependencias do Colexio.

O P.A.I. entrou en funcionamento o día 2 de xaneiro de 2006 en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00, co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos habitantes de Meira.

Na actualidade existe un grupo de nenos e nenas que acoden con regularidade ó centro, aínda que tamén se poden atender aqueles casos que respondan a necesidades puntuais.

Diariamente, as nenas e nenos realizan actividades lúdicas e educativas.

Punto de Atención á Infancia de Meira

Punto de Atención á Infancia de Meira

O centro é atendido por unha Pedagoga e unha Técnico Superior de Educación Infantil.

O P.A.I. conta cunha zona de xogo, zona de sono, aseos, cociña e local de administración.

Trátase dun lugar de coidado e diversión dos máis pequenos.

Enderezo: Rúa Federico González, S/N, 27240, Meira (Lugo).

Teléfono: 618509664

Deseño, desenvolvemento e programación: Madialeva