Rallies
Velocidade, estratexias, motores... todo isto e máis é o que move á gran afección de Meira en torno ó mundo dos rallies e dos coches de competición. Unha gran afección que ven xa de moitos anos (máis de 40), e que medra cada vez máis vendo como de tempada en tempada incrementase o número de pilotos ou aspirantes e de coches de competición locais.
Pilotos como por exemplo Sergio Vallejo, Pedreira, Colmenares, Jordi Carballal, Pablo Carballosa, etc. son algúns dos representantes deste concello nos múltiples concursos nos que participan.
A día de hoxe pertencen todos á mesma escudería “Tibor”, e participan en diferentes categorías como son o campionato galego, rallies organizados pola federación, e algúns deles como é o caso de Vallejo e Pedreira, incluso compiten para o campionato nacional.
Non só os pilotos teñen siareiros, senón tamén todos aqueles que disfrutan con este deporte, e que os seguen, ou que se interesan polo mundo do rallie en xeral, recordando en moitos casos cando o rallie do San Froilán discorría nalgunha das súas etapas polo concello de Meira; cando a xente pasaba horas no medio do frío día ou de noite, disfrutando cos entrenamentos, as derrapaxes e as manobras que estes profesionais facían, ofrecendo continuamente un gran espectáculo.
Rallies coma o citado San Froilán, o rallie de Ourense ou o do Morrazo, por poñer uns exemplos, son algúns dos máis concorridos pola afección meirega.
Ademais, cabe destacar que a Escudería Meira organizou nos anos 2007 e 2008, o I e II Slalom "Vila de Meira", respectivamente con unha acollida espectacular por parte dos afeccionados ó mundo do motor.
Victoria dos irmáns Vallejo no Rally Costa Brava 2008
Porsche 997 GT3 dos irmáns Vallejo en plena acción



