Actividades en Meira
Xogos acuáticos nas piscinas municipais
O concello de Meira é coñecido nos seus arredores polos partidos de fútbol que se disputan en domingos alternos e que reúne a unha gran cantidade de afeccionados.
Tamén en domingo alterno, celébrase unha feira quincenal, cunha antigüidade que se remonta ó tempo dos monxes. Nela pódense atopar artigos como roupa, menaxe, alimentos, gando, artesanía en ferro, madeira e alfarería...
Destacan sobre todo a presenza das pulpeiras , que preparan o polbo estilo “á feira”.
A parte de probar o polbo na feira, pódense degustar pratos tradicionais e de todo tipo, nos diversos mesóns e restaurantes da vila, tales como: Restaurante Pedreira, Mesón O Pozo, Casa Cadórniga, Boavista, a casa de turismo rural Casa Cazoleiro...
Ruta a cabalo polo Concello de Meira
Tamén se celebran durante as festas patronais torneos de baloncesto, fútbol, xogos acuáticos na piscina municipal...
Pódese disfrutar de rutas a cabalo, en quads, rutas de sendeirismo... durante todo o ano.
Pode obter máis información en www.casacazoleiro.com, a través de info@casacazoleiro.com ou no teléfono 982330331.



