Aviso legal e privacidade de datos
1. Información xeral:
Esta páxina web é propiedade de:
CONCELLO DE MEIRA
Praza do Concello s/n
Teléfono: +34 982 33 01 02
2. Páxina web creada por:
3. Propiedade intelectual:
A información e os contidos que se recollen en http://www.concellodemeira.com (en diante denominados "sitio web") están protexidos pola lexislación española sobre os dereitos de propiedade intelectual e industrial a favor do CONCELLO DE MEIRA (en diante denominado "Concello") e non se permite a reprodución e/ou publicación, total ou parcial, do sitio web, nin o seu tratamento informático, a súa distribución, a súa difusión, nin demais dereitos recoñecidos legalmente ao seu titular, sen o permiso previo e por escrito do mesmo.
O usuario, única e exclusivamente, pode utilizar o material que apareza neste sitio web para o seu uso persoal e privado, quedando prohibido o seu uso con fins comerciais ou para incorrer en actividades ilícitas. Todos os dereitos derivados da propiedade intelectual están expresamente reservados polo Concello.
O Concello velará polo cumprimento das anteriores condicións como pola debida utilización dos contidos presentados na súa páxinas web, exercitando todas as accións civís e penais que lle correspondan no caso de infracción ou incumprimento destes dereitos por parte do usuario.
4. Propiedade de datos de carácter persoal:
O Concello informa aos usuarios sobre a política seguida no tratamento dos Datos de Carácter Persoal.
O Concello adoptou as medidas técnicas e organizativas, así como os niveis de seguridade esixidos legalmente conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e as normas que a desenvolven.
A recollida e tratamento automatizado dos Datos de Carácter Persoal, a través dos formularios do sitio web, teñen como finalidade o mantemento da relación que no seu caso se estableza co Concello, así como o desempeño das tarefas de información e outras actividades propias do Concello.
O usuario poderá, en todo momento, exercitar os dereitos recoñecidos na LOPD, de acceso, rectificación, cancelación e oposición.
5. Varios:
- O Concello poderá modificar, sen previo aviso, a información contida no seu sitio web, así como a súa configuración e presentación.
- O Concello comprométese a través deste medio a non realizar publicidade enganosa. A estes efectos, polo tanto, non serán considerados como publicidade enganosa os erros formais ou numéricos que poidan atoparse ao longo do contido das distintas seccións do sitio web do Concello, producidos como consecuencia dun mantemento e/ou actualización incompleta ou defectuosa da información contida nestas seccións. O Concello, como consecuencia do disposto neste apartado, comprométese a corrixilo tan axiña como teña coñecemento dos devanditos erros.
- O Concello comprométese a NON REMITIR COMUNICACIÓNS COMERCIAIS SEN IDENTIFICALAS COMO TALES, conforme ao disposto na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de comercio electrónico. A estes efectos non será considerado como comunicación comercial toda a información que se envíe aos usuarios do Concello sempre que teña por finalidade o mantemento da relación contractual existente entre usuario e o Concello, así como o desempeño das tarefas de información.
- O Concello non se fai responsable do incumprimento de calquera norma aplicable en que poida incorrer o usuario no seu acceso ao sitio web e/ou no uso das informacións contidas no mesmo.
- O Concello non será responsable dos danos e prexuízos producidos ou que poidan producirse, calquera que sexa a súa natureza, que se deriven do uso da información, das materias contidas neste sitio web e dos programas que incorpora. Os enlaces (links) e hipertexto que posibiliten, a través do sitio web, acceder ao usuario a prestacións e servizos ofrecidos por terceiros, non pertencen nin se atopan baixo o control do Concello; a devandita entidade non se fai responsable nin da información contida nos mesmos nin de calquera efectos que puidesen derivarse da devandita información.
- O Concello non se fai responsable do uso ilexítimo que terceiras persoas poidan facer dos nomes de marca, nomes de produto, marcas comerciais que, non sendo propiedade da devandita entidade, aparezan no sitio web. Tampouco se responsabiliza da integridade, veracidade e licitude do contido dos enlaces ás webs ás que poida accederse desde o sitio web.
- O Concello non se responsabiliza dos virus que teñan a súa orixe nunha transmisión telemática infiltrados por terceiras partes, xerados coa finalidade de obter resultados negativos para un sistema informático.
- En definitiva, o usuario é o único responsable do uso que realice dos servizos, contidos, enlaces (links) e hipertexto incluídos no sitio web.



