Saúdo do Alcalde
Antonio De Dios Álvarez
Alcalde do Concello de Meira
Como alcalde, darche a benvida a este espazo virtual do Concello de Meira, esperando que atopes con facilidade aquilo que buscas.
Esforzámonos en facilitar ao máximo o acceso á nosa páxina, no entanto, estamos abertos a calquera suxestión que poidas facer para mellorala.
O noso principal obxectivo é dispor dunha fiestra desde a que poidas coñecer a fondo o Concello de Meira, de forma que che pique a curiosidade e poidamos gozar da túa presenza no noso pobo, co que poderás comprobar que se trata dun municipio onde tradición e modernidade camiñan da man.
Finalmente dicir, que é vontade desta corporación entrar progresivamente na Sociedade da Información, por iso facemos unha aposta firme polas novas tecnoloxías de forma que esta páxina web se converta en embaixadora do Concello, pregoando as excelencias de Meira por toda a Rede, todo iso sen prexuízo de que estas novas tecnoloxías faciliten aos nosos veciños un servizo que pretendemos sexa eficaz, aberto e próximo ao usuario.
Esperando que, se es visitante, o percorrido polo noso termo municipal sexa do teu agrado e, se es veciño, que os servizos administrativos que che ofrece actualmente esta páxina, que se irán implementado aos poucos, sexan útiles e melloren a túa relación co Concello, recibe un cordial saúdo.



