Localización

O Concello de Meira pertence á provincia, ó partido xudicial e á diócese de Lugo. Limita co Concello de Riotorto ó norte, co de Pol ó sur, ó leste co Concello da Ribeira de Piquín e ó oeste co da Pastoriza.

A súa actual superficie é de 47 quilómetros cadrados e conta cunha poboación de aproximadamente uns 2000 habitantes, repartidos nas parroquias de Meira e Seixosmil.

A este municipio pertencen 35 pobos localizados a ambos lados da Serra de Meira, na que sobresaen os picos de Forno do Sartín (893 m.), O Teixo (866 m.) e Pena das Corbas (849 m.). Nesta Serra nacen numerosos regatos ou ríos que na ladeira occidental van aumentar o caudal do Río Miño e, na oriental, a do Río Eo.

Cabe destacar tamén a importancia da vila de Meira como cabeceira dunha comarca, a cal alberga tamén unha antiga ruta alternativa do Camiño de Santiago, unindo o Camiño Norte co Camiño Primitivo.

Mapa de localización de Meira

Mapa de localización de Meira

Para chegar ao Concello de Meira débese tomar a estrada N-640 que se dirixe desde a cidade de Lugo á vila asturiana de Vegadeo.


Coordenadas GPS:

Latitude: 43,214544 | 43º 12' 52,36"

Lonxitude: -7,294149 | -7º 17' 38,96"

Enlace a Google Maps.


Distancias a diversas cidades:

A Coruña - 123 Km. | Ferrol - 144 Km. | Xixón - 178 Km. | Lugo - 34 Km. | Madrid - 485 Km. | Ourense - 125 Km. | Oviedo - 180 Km. | Pontevedra - 212 Km. | Santiago de Compostela - 159 Km. | Vigo - 237 Km.

Deseño, desenvolvemento e programación: Madialeva