ACCESIBILIDADE
O concello de Meira aceptou o compromiso de converter a súa web nun sitio web cun deseño accesible. Pero, que quere dicir accesible? Accesible significa sen obstáculos visuais e tecnolóxicos para o maior número de usuarios posible.
A función principal da accesibilidade web é que a información sexa comprensible e navegable. Deste xeito, unha persoa con algún tipo de discapacidade, ou calquera outra que se atope nunha circunstancia que lle dificulte o acceso á información dalgunha páxina web, poida acceder aos contidos con éxito, independentemente do navegador que elixa, da resolución da súa pantalla, etc.
As páxinas do sitio web www.concellodemeira.com foron deseñadas e revisadas segundo as pautas definidas no documento Web Content Accessibility Guidelines 1.0 (Directrices de Accesibilidade ao Contido Web 1.0), ditadas polo grupo de traballo WAI pertencente ao W3C.
O obxectivo destas directrices é facilitar o acceso á información ofrecida desde Internet a todos os cidadáns. Entre as principais medidas que se adoptaron atópanse as seguintes:
Imaxes:
Incluíronse textos alternativos e descricións en modo texto para gráficos de contido relevante.
Tamaño do texto:
As fontes utilizadas no sitio web teñen dimensións relativas, o que significa que o usuario pode controlar o seu tamaño desde o navegador que estea utilizando.
Atallos de teclado:
Facilitan o acceso ás diferentes seccións dunha forma rápida e directa. A continuación se listan os principais atallos dispoñibles no sitio web:
- 0: Accesibilidade
- 1: Páxina de inicio (www.concellodemeira.com)
- 2: Mapa web
- 3: Medios de contacto
Deseño, navegación e interactividade:
Tratouse de conseguir unha navegación coherente en todo o sitio web, seguindo os mesmos esquemas estruturais en todas as páxinas. Ademais incluíronse enlaces directos para acceder ao contido das páxinas e evitouse o uso de Javascript para interactuar co sitio.
Así mesmo separouse a información da súa presentación gráfica de maneira que os usuarios que o desexen poidan navegar polos contidos a maior velocidade, deshabilitando a descarga de follas de estilos no seu navegador.
Nivel de accesibilidade:
O nivel de accesibilidade acadado é dobre-A (AA). Todos os puntos de verificación de Prioridade 1 e Prioridade 2 foron comprobados coa ferramenta T.A.W. no modo de revisión automática, excepto as propias da linguaxe HTML 4.01 que foron validados coa ferramenta do W3C. Os puntos de verificación en modo de revisión manual tamén foron verificados xa que a ferramenta T.A.W., sobre eles, non efectúa ningún tipo de validación (só lista as directrices a seguir sen comprobar o código fonte a validar).
Documentos PDF:
Moitos documentos dispoñibles no portal web teñen formato PDF e para poder visualizar este tipo de documentos é necesario descargar un lector de ficheiros PDF, por exemplo, o lector Foxit Reader.



